ADEGAS MALEIGA

É tempo de Maleiga

A esencia de Adegas Maleiga reflíctese na súa marca do xeito máis puro.

A nosa meta é abrir camiño a vindeiras xeracións sen esquecer o pasado, traballando no presente e medrando cara o futuro.

Quen son?

Pertenzo a unha familia típica do Ribeiro…. son neto, fillo e sobriño de xente dedicada ó mundo da viña dende sempre, persoas que pasaron toda a vida dando voltas arredor das cepas.