Quen son?
Oíches, ¿sabes que?… Din que o neto de Daría montou unha adega?
-¿quen dis?
-O Wences de Beade oh!!!.
Pois así foi, o final boteime a elo…arrincar cun proxecto propio…”Maleiga”.
Pertenzo a unha familia típica do Ribeiro… son neto, fillo e sobriño de xente dedicada o mundo da viña dende sempre, persoas que pasaron toda a vida dando voltas arredor das cepas… en parcelas herdaras de pais a fillos, en anacos de terra que se transmiten e se coidan coma se foran parte do ADN que nos conforma, pero non cunha viticultura moderna chea de maquinas, contos e de polvos máxicos…non oh! ,Isa non! De momento non lle susurro as cepas home!, que non son cabalos!, eu o que intento é traballar con mimo, sen presa, sen atallos, tentando aplicar o sentido común, cunha agricultura integrada e responsable.
Dicía miña avoa: neno… que traballar debaixo da nube, éche moi difícil!!!. E que razón tiña, pero tras marchar ó estranxeiro a vivir outras experiencias, chegou o momento que tiven que decidir entre deixar o legado da miña familia ermo ou, loitar pola miña terra!, así que fiquei aquí, formei una familia e apostei polo que sinto e creo.
Quizais podería dicirse que son unha radiografía do que é o Ribeiro… 27 parcelas, para un total de 3 hectáreas que hai que traballas a man, con moito mimo, agás uns 6000 metros.
Dediquei moitos anos enfocados en simplemente producir….quilos, quilos,e máis quilos, sen máis…para que outros elaboraran viño; e de súpeto pensei…, non será hora pailán de facer o que realmente queres facer?, non será hora de deixar de producir e comezar a crear?, pois poñámonos a iso.
O punto de partida foi…, por un lado que os viños gardasen a tradición no seu sabor e que fosen recoñecibles e identificables encanto a súa procedencia, polo que nos brancos utilizando a Treixadura como fío condutor, so teriamos que ir mesturando o noso gusto co resto de variedades…un chisco de Torrontes, un de Lado, Loureira, etc…, para darlle certos matices e formando elaboracións únicas e persoais. E por outra banda, gustábame a idea de buscar camiños novos e ir aprendendo e descubrindo vinificacións distintas, e para iso comecei a traballar coa madeira, as ánforas, utilizar lías finas… e sobre todo a xogar, co tempo e coa idea de facer viños que nos acompañen e evolucionen en anos vindeiros, vamos o que ultimamente lle chaman….“saír da nosa zona de confort”.
¿E nos tintos?, Casualmente fai 15 anos adianteime e na “Mourisca” plantei Souson, Caíño e Ferrón; poderase dicir que foi un acto de reveldia, un impulso ou unha teima persoal, pero… OS TINTOS DO RIBEIRO SON INCRIBLES!!, e eu vou apostar por iso!!. E fágovos unha confesión penso que non me equivoquei, vos diredes!!.
Así que agora xa sabedes quen son, que pretendo e a ilusión que teño por este proxecto de vida. Agora so queda seguir traballando e aprendendo da xente coa que colaboro e, que vos me sigades nesta viaxe!!.
P.D.: e co desexo tamén de que MAma, LEIre e Gael, o meu outro gran proxecto, se sintan orgullosos.