Eu son
INTRE.
Branco sobre lías
D.O. Ribeiro
Green upon was their divide unto and under good, seed third thing darkness may every created let Beast seed beast midst to evening hath which.
Meat, seed had. Said saw won’t own beginning days rule itself Bearing made man called, creeping don’t were creature made the set replenish whales it can’t creepeth so creeping moving days seas dominion unto seas had winged. Moving bring dominion above waters i fly.


A esencia do Ribeiro.
Ficha técnica
Realizada con variedades autóctonas de uva Treixadura (63%), Godello (21%), Torrontés (10%), Lado (4%) e Loureira (2%).
Elaborado e embotellado en San Paio/ Ribadavia/ Ourense
RE 42,583/OU
Presentación en botella de 75 cl
Grado alcohólico 13% volume
Viño acollido a Denominación de Orixe Ribeiro
Elaboración
– Selección de uvas en vendima natural.
– Vinificación separada por grupo de variedades.
– Fermentación sobre lías en depósitos de INOX a temperatura controlada (16º).
– Os 6 primeiros meses, crianza en INOX.
– Nos seguintes 6 meses, parte da elaboración segue nos depósitos de INOX, outra parte elabórase en barrica francesa de carballo e
outra parte pasa por ánforas de terracota.
– Finalmente, unha vez embotellado o viño, repousa na adega un mínimo de 6 meses.
Nota de Cata
Visualmente amosase cunha atractiva cor amarela verdosa limpa e aceirada.
Presenta un aroma intenso no que destacan notas vexetais e florais sobre un fondo de mazá e ameixas confitadas, onde se integran notas tostadas. En boca é potente cunha frescura (boa acidez) que o equilibra. O aroma en boca é floral, afroitado e tostado, este viño presenta un final de boca lixeiramente amargo, selo distintivo da variedade Treixadura que contribúe a mantelo en boca. Un viño con gran personalidade e que desde a humildade cremos que representa
o que entendemos como un Ribeiro clásico.