Intre 2023

Desde 22,00  IVA Incluido

Ficha técnica

Realizada con variedades autóctonas de uva Treixadura (63%), Godello (21%), Torrontés (10%), Lado (4%) e Loureira (2%).
Elaborado e embotellado en San Paio/ Ribadavia/ Ourense
RE 42,583/OU
Presentación en botella de 75 cl
Grado alcohólico 13% volume
Viño acollido a Denominación de Orixe Ribeiro

OPCIÓNS
  • ESTUCHE: 1 BOTELLA
  • ESTUCHE: 2 BOTELLAS
  • CAIXA DE VIÑO: 6 BOTELLAS
Share:

Elaboración
– Selección de uvas en vendima natural.
– Vinificación separada por grupo de variedades.
– Fermentación sobre lías en depósitos de INOX a temperatura controlada (16º).
– Os 6 primeiros meses, crianza en INOX.
– Nos seguintes 6 meses, parte da elaboración segue nos depósitos de INOX, outra parte elabórase en barrica francesa de carballo e outra parte pasa por ánforas de terracota.
– Finalmente, unha vez embotellado o viño, repousa na adega un mínimo de 6 meses.

Nota de Cata
Visualmente amosase cunha atractiva cor amarela verdosa limpa e aceirada.
Presenta un aroma intenso no que destacan notas vexetais e florais sobre un fondo de mazá e ameixas confitadas, onde se integran notas tostadas. En boca é potente cunha frescura (boa acidez) que o equilibra. O aroma en boca é floral, afroitado e tostado, este viño presenta un final de boca lixeiramente amargo, selo distintivo da variedade Treixadura que contribúe a mantelo en boca. Un viño con gran personalidade e que desde a humildade cremos que representa
o que entendemos como un Ribeiro clásico.

SKU N/A Category Authormaleiga.eliteksolutions.xyz Date OPCIÓNS

ESTUCHE: 1 BOTELLA, ESTUCHE: 2 BOTELLAS, CAIXA DE VIÑO: 6 BOTELLAS